Convocatoria Acceso HPC e Procesado Masivo de Datos para PEME

 9 Xuño, 2014

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) ofrece ás Pequenas e Medianas Empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a posibilidad única de utilizar as infraestructuras de supercomputación e procesado masivo de datos para proxectos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación ou para formación do seu personal en tecnoloxías relacionadas coa Computación de Altas Prestacións ou o procesado masivo de datos.

O obxetivo da convocatoria é facilitar o acceso a estos recursos computacionais ás empresas, para que melloren a súa competitividade internacional a través do desenvolvemento de novos proceos, produtos ou servizos.

Para dar servizo ás PEME e microPEME, o CESGA pón a disposición destas os seus recursos en cualquera dos seus servizos de computación, financiados pola Xunta de Galicia, eo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), o Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o programa POCTEP. As configuracións detalladas de cada un dos sistemas dispoñibles pódense atopar na página web del CESGA (http://www.cesga.es).

Os tipos de acceso posibles son os seguintes:

  •  Acceso telemático: acceso a horas de cálculo de forma non presencial.
  •  Acceso presencial: estancias de Investigación, Desenvolvemento, Innovación ou Formación exclusivamente no CESGA.

Ademáis da utilización dos recursos computacionais do CESGA, as empresas seleccionadas recibirán a formación necesaria para o aproveitamento do acceso sobre a utilización dos recursos computacionais, técnicas de paralelización, etc. e soporte por parte dos técnicos do CESGA para executar o proxecto proposto.

As PEME innovadoras que queiran facer uso destos recursos teñen que solicitar o acceso través de un simple formulario, que poderán obter na dirección http://icts4pyme.cesga.es, en donde ademáis teñen dispoñible máis información sobre as condicións de acceso e a forma de solicitude, que poderán facer ata o 14 de xullo de 2014 (ata as 17 h). Este acceso está enmarcado dentro do Programa de Colaboración Transfronteriza (POCTEP), a través do proxecto CloudPYME2 con referencia 0682_CLOUDPYME2_1_E.

Para cualquera dúbida ou consulta poden chamar ao CESGA 981569810 ou enviar un correo a aplicaciones@cesga.es