Consulta sobre innovación

 17 Marzo, 2014

A innovación é unha ferramenta fundamental para a competitividade das empresas. Coa finalidade de coñecer os procesos de innovación nas PEMEs da Eurorregión Galicia-Norte de Portugal, é imprescindible contar coa súa colaboración respondendo a esta breve consulta que só lle llevará 10 minutos. As súas aportacións servirán para definir as estratexias e plans de acción que se axusten mellor á realidade do noso tecido empresarial, así como para desenvolver programas máis eficaces de apoio ás PEMEs dentro do proxecto CloudPYME 2, para axudarlle a incrementar a súa competitividade.

A consulta é anónima. Está pensada para que sexa respondida pola dirección da súa empresa ou polo responsable de innovación ou investigación, antes do 30 de abril do 2014. As súas respostas serán tratadas de forma confidencial e non serán utilizadas para ningún outro propósito.

Facer a consulta

Ao final da mesma, se o desexa, poderá deixarnos os seus datos de contacto. Neste caso, cando teñamos o informe de resultados, enviaráselle unha copia electrónica do mesmo.

Se desexa obter calquer aclaración ou información adicional sobre os aspectos da consulta ou precisa axuda á hora de cumplimentar o cuestionario, non dubide en poñerse en contacto connosco a través do correo electrónico: encuesta@cloudpyme.eu