Aberta convocatoria a PEME para solicitar servizos de consultoría sobre computación de altas prestacións

 9 Xuño, 2014

Cada vez son máis as pequenas e medianas empresas que impulsan os seus procesos produtivos coa computación de altas prestacións. Ademáis, cada vez son máis numerosas as iniciativas que desenvolven as institucións para impulsar o uso da computación científico-técnica no ámbito empresarial.

No marco del proxecto CloudPYME, o CESGA está ofrecendo servizos de consultoría a PEME de Galiza e Norte de Portugal para darlles a coñecer cómo os recursos computacionais poden axudarlles a mellorar o deseño dos seus procesos, produtos ou servizos, así como as opcións que existen na actualidade a costes asequibles.

As empresas interesadas en recibir este asesoramento, poderán solicitalo ao CESGA na web http://www.cloudpyme.eu/gl/plataforma/analise-hpc ata o 18 de xullo de 2014. Pódese trasladar callquer duda ao Centro a través da dirección de correo electrónico info@cloudpyme.e. A confidencialidade será unha parte fundamental do proceso.

Nesta convocatoria o CESGA seleccionará 10 empresas, cos únicos requisitos de que pertenenzan á Eurorrexión de Galicia – Norte de Portugal e teñan a calificación de PEME ou autónomos. Poden solicitar estos servizos de consultoría tanto as que xa estean usando estas tecnoloxías nos seus procesos produtivos, de modo que poidan optimizar o seu potencial, como as que aún no has teñan implementado.

O proyecto CloudPYME é unha iniciativa do CESGA en colaboración cós centros tecnolóxicos AIMEN (Porriño, España) e CATIM (Porto, Portugal) e a asociación AIMMAP (Oporto, Portugal) cofinanciada polo programa de colaboración transfronteriza POCTEP.