Curso de aprendizaxe de MaxFEM
O proxecto CloudPYME organiza o curso: “Curso de Aprendizaxe de MaxFEM”. O obxectivo do curso é a introdución á ferramenta de simulación electromagnética MaxFEM: descrición dos modelos abordables e uso práctico da aplicación.
O Software MaxFem, software de simulación numérica para problemas electromagnéticos baseado no método de elementos finitos é produto da colaboración dos departamentos de Matemática Aplicada e de Inxeniería Matemática da Universidade de Santiago de Compostela, USC, la Plataforma I-MATH e o CESGA. Trátase dun paquete de software libre para a resolución numérica de problemas de electromagnetismo empregando o método dos elementos finitos. O paquete recolle baixo unha única interface distintos módulos ou aplicacións que permiten abordar problemas de electrostática, corrente continua, magnetostática e Eddy-currents, en dúas e/ou tres dimensións e en coordenadas cartesianas e/ou cilíndricas.
Está dirixido a profesionais de empresas e organismos de investigación interesados na resolución numérica de modelos electromagnéticos. O curso será impartido por docentes da USC (Departamento de Matemática Aplicada), durante os días 18 e 19 de setembro, e estará dividido en sesións teórico-prácticas, cunha duración total de 14 horas formativas.
Terá lugar lugar nas instalacións de AIMEN (Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste). Dirección: C/ Relva, 27 A. Torneiros – 36410 Porriño. Pontevedra. (Máis información sobre cómo chegar neste enlace). A asistencia ao curso é gratuita.
As prazas son limitadas (15) e se asignarán prioritariamente a traballadores de empresa da zona básica de actuación do programa POCTEP. Entregare certificado de asistencia.
Temario do curso
1. Descrición dos modelos. Duración: (4 horas). Contido: Introdución á modelización de fenómenos electromagnéticos: Electrostática, Corrente continua, magnetostática e Eddy currents.
2. Descrición da interface gráfica de MaxFEM Duración: (2 horas).
3. Experiencia práctica Duración: (8 horas). Contido: Exercicios prácticos do uso da aplicación.
Material didáctico
Libro: Mathematical Models and Numerical Simulation in Electromagnetism. (ISBN 978-3-319-02948-1)
Horario do curso
Xoves, 18 de Setembro | Venres, 19 de Setembro | |
10:00 – 11:50 | Introdución. Ecuacións de Maxwell. Descripción de la plataforma CloudPYME. | Magnetostática 2D: exemplo práctico. Transient magnetics: modelo e exemplo práctico. |
12:10 – 14:00 | MaxFEM: descripción da interface gráfica. Electrostática 2D: modelo e exemplo práctico. | Eddy currents 2D: modelo e ejemplo práctico. |
16:00 – 17:50 | Electrostática 3D: modelo e exemplo práctico. Corrente contínua: modelos e exemplos prácticos. | Eddy currents axisimétrico: modelo e exemplo práctico. Eddy currents 3D: modelo. |
18:00 – 19:30 | Magnetostática 2D: modelo. | Eddy currents 3D: exemplo práctico. |
Máis información: Se ten calquera dúbida pode contactar connosco na dirección info@cloudpyme.eu. O proyecto CloudPYME é unha colaboración entre o CESGA, AIMEN, CATIM e AIMMAP cofinanciado con fondos FEDER a través da terceira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España – Portugal 2007-2013 POCTEP (0682_CLOUDPYME2_1_E).