Curso Code-Aster/Salomé-Meca

 11 Maio, 2015

O proxecto CloudPYME organiza o “Curso Code-Aster/Salomé-Meca”, os días 9, 10 e 11 de xuño.

Cada vez hai unha maior difusión dos software libres no ámbito da inxeniería. Os fuertes custos das licenzas de software comerciais implican unha barreira para a súa adquisición. Polo tanto este tipo de programas supoñen unha grande oportunidade para mellora-la competitividade das empresas. O software libre supón unha gran alternativa a estes programas. Aínda que precisan unha maior cualificación por parte do usuario. Nesta liña enmárca-se o curso que se presenta.

Code_Aster foi desenvolvido pola empresa nacional Electricité de France (EDF) para o estudo e mantemento de plantas de xeración e distribución da enerxía eléctrica. Os tipos de fenómenos que se poden abordar con este código inclúen tanto mecánicos como térmicos e análises acoplados termo-mecánicos. Os análises que se poden abordar poden ser tanto lineais coma non lineais, estacionarios ou evolutivos, estáticos ou dinámicos, análise modal, fractura, daño e fatiga, etc. Inclúe máis de 90 leis constitutivas de materiais, que inclúen entre outras, os materiais elásticos lineais e non lineais, hiperelásticos non lineais, elastoplásticos e viscoelásticos, tamén inclúen leis de xeomateriais, entre outras. Éste código distribúese baixo a licenza GNU General Public License (GPL) a partir de outubro de 2001 sen ningún tipo de custo para o usuario. Code_Aster está deseñado para operar nos sistemas operativos  baseados no kernel Linux.

Code_Aster é o motor de procesamento sen incluir o pre- oo posprocesamento. EDF tamén participou no desenvolvemento dunha plataforma xenérica para ocuparse destas tarefas denominada SALOME. Divíde-se en módulos e inclúe o motor de procesamento Code_Aster, polo tanto é un código integral. Inclúe un módulo de xeometría CAD para crear, importar ou modificar un dominio xeométrico, tamén dispón dun módulo de mallado, e un módulo de postproceso: ParaView.

Por todo ésto, o código CODE_ASTER xunto coa plataforma SALOME-MECA configuran unha ferramenta moi valiosa para a resolución de problemas multifísicos no campo da inxeniería.

Lugar de celebración del curso

Instalacións de AIMEN (Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste).

R/Relva, 27 A. Torneiros

36410 Porriño. (Pontevedra)

España

Localización no mapa

logo_salomemeca-codeaster

Obxectivo

Transmiti-lo coñecemento do uso do código libre CODE-ASTER e o paquete informático SALOME-MECA por parte de investigadores da Universidade de Vigo cara a profesionais do ámbito da inxeñería.

Programación

  1. Introdución (4h)
  2. Salome-Meca (4h)
  3. Code-Aster (4h)
  4. Problemas non lineais (Code-Aster) (4h)
  5. Problemas multifísicos (Code-Aster) (4h)
  6. Cálculo en paralelo (Code-Aster) (4h)
Descargar programa (.pdf)
  • A asistencia ao curso é gratuita.
  • As prazas son limitadas (17) e serán atribuidos prioritariamente a traballadores de empresas da zona básica de actuación do programa POCTEP.
  • Duración do curso: 24 horas
  • Entregará-se certificado de participación.
  • O 7 de xuño de 2015 rematou o periodo de inscrición
Simulación con Code-Aster
Simulación con Salomé

Horario

9, martes

10, mércores

11, xoves

10:00-14:00

Introdución

  • Introdución a MEF (Pre-proceso, prantexamento, resolución e postproceso)
  • Introdución a SALOME-MECA vs CODE-ASTER
  • Módulo xeometría SALOME-MECA

CODE-ASTER

  • Manexo dos programas EFICAS, ASTK.
  • Diferentes formas de executar un cálculo en CODE-ASTER.

Problemas multifísicos

(CODE-ASTER)

  • Introdución aos problemas multifísicos.
  • Resolución dun problema completo termo-mecánico
14:00-15:00

Almorzo

15:00-19:00

SALOME-MECA

  • Módulo de mallado
  • Emprego do “wizard”
  • Módulo de Postproceso

Problemas no lineais

(CODE-ASTER)

  • Modelado do comportamento plástico.
  • Modelado do contacto.
  • Resolución dun problema con comportamento plástico.
  • Resolución dun problema de contacto.

Cálculo en paralelo

(CODE-ASTER)

  • Paralelización OpenMP
  • Paralelización MPI

Máis información:

Se ten calquera dúbida pode contactar connosco na dirección info@cloudpyme.eu. O proyecto CloudPYME é unha colaboración entre o CESGA, AIMEN, CATIM e AIMMAP cofinanciado con fondos FEDER a través da terceira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España – Portugal 2007-2013 POCTEP (0682_CLOUDPYME2_1_E).