Curso de introdución á simulación numérica multifísica con ELMER (2ª edición)

 19 Maio, 2015

Debido ao éxito obtido no “Curso de introducción a la simulación numérica multifísica con ELMER” (xaneiro 2015) o proxecto CloudPYME organiza unha 2ª edición do mesmo, durante os días 6 e 7 de xullo de 2015.

O curso trata de ofrecer unha introducción á simulación numérica multifísica a través do código de software libre desenvolvido por CSC www.csc.fi/web/elmer. A pesar do seu carácter introductorio, o curso trata de ser autocontido e ofrecer unha presentación dun conxunto completo de ferramentas (de preprocesado, análise e postprocesado) que permitan levar a cabo a simulación numérica dun problema multifísico de principio a fin.

O curso será impartido por docentes do Departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Vigo, adscritos ao ITMATI, durante dous días, e estará dividido en sesións teórico-prácticas, cunha duración total de 14 horas formativas.

Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial

Lugar de celebración do curso

CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia).

Avda. de Vigo s/n (Campus Vida)

15705, Santiago de Compostela

(Cómo chegar neste enlace).

Logotipo software ELMER

Temario do curso

  1. Presentación xeral do código ELMER
  2. Simulación numérica multifísica en ELMER
  3. Ferramenta de CAD e mallado GMSH
  4. Configuración de casos mediante arquivos de entrada de ELMER
  5. Cálculo paralelo con ELMER
  6. Ferramenta de postprocesado Paraview
  7. EXemplos prácticos de aplicación.
Descargar programa (.pdf)
  • A asistencia ao curso é gratuita.
  • As prazas son limitadas (15) e asignaránse prioritariamente a traballadores de empresas da zona básica de actuación do programa POCTEP.
  • Duración do curso: 14 horas.
  • Entregaráse certificado de asistencia.
  • O 30 de xuño de 2015 rematou o período de inscrición.

Horario do curso

 Xullo 2015 Lúns 6 Martes 7
10:00-11:00 Presentación xeral do código ELMER Configuración de casos mediante arquivos de entrada de ELMER
11:00-12:00 Presentación xeral do código ELMER Cálculo paralelo con ELMER
12:00-14:00 Simulación numérica multifísica en ELMER Práctica 2: simulación de un problema termofluidodinámico
14:00-16:00 Xantar
16:00-17:00 Ferramenta de CAD e mallado GMSH Ferramenta de postprocesado Paraview
17:00-19:00 Práctica 1: simulación dun sistema microelectromecánico Práctica 3: simulación dun problema termoelectromágnetico

Máis información:

Se ten calquera dúbida pode contactar connosco na dirección info@cloudpyme.eu. O proyecto CloudPYME é unha colaboración entre o CESGA, AIMEN, CATIM e AIMMAP cofinanciado con fondos FEDER a través da terceira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España – Portugal 2007-2013 POCTEP (0682_CLOUDPYME2_1_E).