Curso de OpenFOAM: introdución á dinámica de fluidos computacional (2ª edición)

 30 Abril, 2015

O proxecto CloudPYME organiza, nos días 26, 27 e 28 de maio, o “Curso introductorio á dinámica de fluidos computacional con OpenFOAM®”, un software libre, de simulación numérica orientado a cálculo de fluidos.

Hoxe en día, na procura da optimización do desempeño e maila minimización de recursos, calquera actividade dun proxecto debe ser soportada por ferramentas de modelado adecuadas. No mercado existen incontables códigos de modelado, capaces de simular procesos extremadamente complexos. A diseminación destes códigos pola industria enfrenta dúas grandes dificultades, o custo das licenzas dos programas comerciais e/ou a inexistencia de recursos humans habilitados para empregar adecuadamente istas ferramentas.

As limitacións en términos de custo, poden ser rebasadas a través do emprego de programas de modelado de distribución libre. No pasado ista clase de códigos presentaba capacidades moi específicas e eran desenvolvidas por grupos moi restrinxidos de investigadores. Hoxe en día, as comunidades que traballan en códigos de simulación de distribución libre son sustancialmente máis numerosas e máis organizadas. Como consecuencia, alguns dos códigos de distribución libre, comparados cos códigos de modelado comerciais, presentan capacidades en moitos casos superiores, e dada a base ampliada de cualificacións dos equipos que os desenvolven, istos abranguen gamas de aplicacións moito máis amplas. Un dos exemplos disto é a librería computacional OpenFOAM®, capaz de simular o comportamento de sistemas extremadamente complexos, envolvendo fluidos e/ou sólidos, sistemas multifísicos, sendo tamén capaz de efectuar cálculos en paralelo. Unha das principais ventaxas de OpenFOAM® é a posibilidade de programación/adaptación, que permite desenvolver novas aplicacións para resolución de problemas específicos, recurrindo a unha linguaxe de programación simbólica.

Sendo así, a principal barreira ó emprego de códigos numéricos que subsiste é a falta de coñecemento por parte dos usuarios, que se agrava pola escasez de documentación organizada, común á xeralidade dos códigos de modelado de distribución libre. Ista lagoa pode ser superada a través da transferencia de coñecemento de usuarios experimentados cara a potenciais usuarios. Iste obxectivo é a principal motivación desta acción de formación, destinada a profesionalis da industria con interese en modelado numérico de procesos.

Lugar de celebración do curso

Sala de Formação da Tecminho

Edifício dos Congregados da Universidade do Minho

Avenida Central nº 100

4710 – 229 Braga

Portugal

Localización no mapa Coordenadas GPS: 41.551404, -8.421087

Software OpenFOAM

Obxectivos específicos

Ao finalizar o curso, os alumnos deberán:

  • Coñecer a estructura típica dun caso OpenFOAM®;
  • Coñecer as principais capacidades e modelos dispoñibles en OpenFOAM®;
  • Preparar autónomamente problemas en OpenFOAM®;
  • Utilizar un xerador de mallas computacionais adecuado para OpenFOAM®;
  • Monitorizar a evolución do proceso de cálculo;
  • Utilizar ferramentas de postprocesamiento para análise de resultados;
  • Contrastar e controlar a precisión do cálculo numérico;
  • Desenvolver novas aplicacións en OpenFOAM®.
Descargar programa (.pdf)
  • A asistencia ao curso é gratuita.
  • As prazas son limitadas (16) e serán atribuidos prioritariamente a traballadores de empresas da zona básica de actuación do programa POCTEP.
  • Duración do curso: 24 horas
  • Entregará-se certificado de participación.
  • O 21 de maio de 2015 rematou o período de inscrición.

Centro Tecnológico do Calçado de Portugal

Associação Portuguesa da Indústria de Plásticos

Associação Nacional da Indústria de Moldes

AIMinho Associação Empresarial

Horario

Luns 26

Martes 27

Mércores 28

9:00-13:00

Introdución

  • Introdución a OpenFOAM
  • Problema básico Transferencia de Calor
  • Introdución ao blockMesh
  • Utilidade checkMesh
  • Monitorización da evolución de cálculos residuais con gnuplot

 

 

Problema Numérico

  • Problema lid-driven cavity
  • Xeración de mallas con blockMesh
  • Utilidade sample
  • Estudo do refinamento de malla

Hands-on

13:00-14:00 Xantar
14:00-18:00

Titoriais, post-proceso e paralelización

  • Titoriais de OpenFOAM
  • Post-proceso con paraview
  • Cálculo paralelo
  • Utilidades (patchIntegrate, patchAverage)

 

 

Programación de um solver

  • Programación dun solver de fluxo non isotermo
  • Fluxo de mestura de temperaturas

Hands-on

Todas as sesións inclúen teoría e resolución de problemas prácticos.

Máis información:

Se ten calquera dúbida pode contactar connosco na dirección info@cloudpyme.eu. O proyecto CloudPYME é unha colaboración entre o CESGA, AIMEN, CATIM e AIMMAP cofinanciado con fondos FEDER a través da terceira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España – Portugal 2007-2013 POCTEP (0682_CLOUDPYME2_1_E).