Curso de OpenFOAM: introducción á dinámica de fluídos computacional

 2 Xuño, 2014

O proxecto CloudPYME organiza o curso: “Introdución á dinámica de fluidos computacional con OpenFOAM”, un software libre de simulación numérica orientado a cálculo de fluidos.

Está dirixido a profesionais que queran utilizar e/ou coñecer esta ferramenta de software de dinámica de fluidos.

O curso será impartido polo Instituto Tecnológico de Matemática Industrial (ITMATI) durante os vindeiros días 18, 19 e 20 de xuño, e estará dividido en sesións teórico-prácticas, cunha duración total de 20 horas formativas.

Terá lugar nas instalacións de AIMEN (Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste). Enderezo: R/Relva, 27 A. Torneiros – 36410 Porriño. Pontevedra. (Máis información sobre cómo chegar neste enlace).

A asistencia ao curso é gratuita. As prazas son limitadas (15) asignaránse prioritariamente a traballadores de empresas da zona básica de actuación do programa POCTEP e por orde de inscrición. Entregaráse certificado de asistencia.

O 16 de xuño de 2014 pechouse o prazo de inscrición.

Descargar temario do curso OpenFOAM
openfoam

Temario do curso

Sesións teóricas.

1. Introdución a OpenFOAM

2. Modelos físicos en OpenFOAM

3. Esquemas numéricos en OpenFOAM

4. Desenvolvemento de resolvedores en OpenFOAM

5. Cálculo paralelo e postprocesado

Sesións prácticas.

1. Fluxos isotermos incompresibles I: análise dunha cavidade 2D e un codo 3D

2. Fluxos isotermos incompresibles II: análise dun perfil aerodinámico

3. Fluxos con transferencia de calor I: fluxo nun codo 3D con transferencia de calor

4. Fluxos con transferencia de calor II: análisis térmico dunha habitación

5. Fluxos con fronteira libre: análise de rotura dunha presa

Horario do curso

Mércores, 18 de xuño Xoves, 19 de xuño
Venres, 20 de xuño
10:00 – 12:00 Introdución a OpenFOAM Esquemas numéricos en OpenFOAM Cálculo pararelo e postprocesado
12:00 – 14:00 Práctica Práctica Práctica
16:00 – 18:00 Modelos físicos OpenFOAM Desenvolvemento de resolvedores en OpenFOAM
18:00 – 20:00 Práctica Práctica

Máis información:

Se ten calquera dúbida pode contactar connosco na dirección info@cloudpyme.eu.
O proxecto CloudPYME é unha colaboración entre o CESGA, AIMEN, CATIM e AIMMAP cofinanciado con fondos FEDER a través da terceira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España – Portugal 2007-2013 POCTEP (0682_CLOUDPYME2_1_E).