Curso Servizo Big Data CESGA

 27 Marzo, 2015

O CESGA ofrece aos seus usuarios a posibilidade de empregar un novo servizo Big Data baseado en Hadoop. Este servizo leva xa en produción desde o pasado 4 de novembro del 2013. Esta infrastructura de Big Data está construída a partir dos servidores cloud de computación e almacenamento do centro, e proporciona máis de 200 cores e 10 TB de almacenamento

O servizo Big Data permite o procesado de grandes volumes de información en paralelo.

Este curso é unha introdución ao servizo e servirá de base para posteriores cursos máis avanzados. Os asistentes aprenderán a usar o servizo de xeito que podan aproveitalo dentro da súa área de traballo.

14/201 – Curso Servizo Big Data CESGA

Debe estar rexistrado na web para poder matricularse: acceso ao rexistro

Lugar de celebración: Edificio CESGA, Avda. Vigo s/s, Campus Vida (Sur) 15705 Santiago de Compostela
Organiza: Fundación CESGA
inscrición:
27/03/2015-25/05/2015
Matrícula:
No se precisa
Celebración:
28/05/2015-28/05/2015
Formación:
Presencial
Áreas de formación:
Sistemas.
Acceso:
Aberto. Previa inscrición.
Prazas en inscrición:
47
Prazas totais:
12
¿Gratuíto?
Si