Encontro Inaugural de Usuarios de OpenFOAM®

 2 Xuño, 2015

Durante os días 10 e 11 de xullo, terá lugar no Centro Cultural Vila-Flor en Guimarães (Portugal) o Encontro Inaugural de Usuarios da librería computacional OpenFOAM. Este encontro integrará a realización de cursos (Básico e Avanzado) en OpenFOAM, presentacións de usuarios e unha reunión xeral do grupo, e contará coa participación dun dos mentores do concepto OpenFOAM, o profesor Hrvoje Jasak.

Este encontro será aberto a todos os interesados, tanto usuarios experimentados coma os que teñan interese na modelación numérica.