Info Day: Oportunidades para as PEME da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
CLOUD para inxeniería e innovación con financiación da UE
O obxectivo da Xornada é dar a coñecer os servizos da Plataforma CLOUDPYME e as oportunidades de financiamento para proxectos innovadores en empresas da eurorrexión baixo proxectos financiados polo 7º Programa Marco da UE. Os obxectivos específicos son dar a coñecer as oportunidades de financiamento dispoñibles para PEME baixo os proxectos Fortissimo, CloudSME e Cloudflow, dar a coñecer Plataforma CloudPYME para empresas e mostrar casos de éxito levados a cabo utilizando a Plataforma CloudPYME. Dirixido a: Responsables de produción, oficinas técnicas, enxeñarías, oficinas de I+D+i e empresarios de empresas da eurorrexión.
Data: Xoves, 5 de xuño de 2014.
Hora: 10:00h.
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia, Avda. de Vigo, s/n (Campus Vida) en Santiago de Compostela.
Formulario de rexistro: http://www.cesga.es/Inicio/CloudPYME
Axenda da xornada:
09:30 Rexistro asistentes.
10:00 Apertura da jornada CESGA
– Javier García Tobío, Director CESGA
10:15 CloudPYME, Cloud para as empresas que innovan.
– Andrés Gómez Tato, Aplicaciones y Proyectos CESGA
10:35 FORTISSIMO. Experimentos sobre Cloud Europeo. Oportunidades de financiación.
– Andrés Gómez Tato, Aplicaciones y Proyectos CESGA
10:55 Presentación do CloudSME.
– Rubén Vallés Pérez, Grid & Cloud Computing BIFI
11:15 Presentación do proxecto Cloudflow (por videoconferencia). – Nejc Bat, Arctur
11:35 Pausa para o café.
12:00 I4MS As tecnoloxías da información para as empresas no sector da fabricación: oportunidades para as PEME de participar en 7 proxectos piloto.
– Carmen Polcaro, Asociación Innovalia
12:20 Presentación do proxecto LASHARE.
– Pablo Romero, AIMEN
12:40 CloudPYME e Open Innovation.
– Nuno Araujo, CATIM
13:00 Caso de éxito de uso de simulación numérica en inxeniería
– Rafael Suárez, INCAT
13:20 Caso práctico de Texas Controls.
– Germán Rodríguez Novo, Texas Controls
13:40 Peche da xornada.
Contexto
O Sétimo Programa Marco (7PM) agrupa todas as iniciativas comunitarias relativas á investigación baixo un mesmo teito e desempeña un papel crucial no logro dos obxectivos de crecemento, competitividade e emprego, complementado polo novo Programa Marco para a Competitividade e a Innovación (CIP), programas de educación e formación e Fondos Estruturais e de Cohesión en apoio da converxencia e a competitividade das rexións. Constitúe tamén un alicerce fundamental do Espazo Europeo de Investigación (EEI).
Proxectos
Algúns dos proxectos financiados baixo o 7PM que permiten ás empresas mellorar a súa competitividade e a súa capacidade de innovación son os seguintes:
CloudSME
CloudSME é un proxecto cuxo principal obxectivo é achegar a computación na nube (Cloud computing) ás PEMES. Este proxecto crea unha plataforma de simulación na nube que permite a PEMES manufactureras usar as últimas tecnoloxías de simulación en formato de software como servizo (Software as a Service – SaaS). Desta forma, as empresas non deben realizar grandes investimentos en licenzas de software, hardware ou mantemento e poden centrarse nos beneficios da simulación para incrementar a súa produtividade. Hai aberta unha convocatoria até o 25 de xuño cun orzamento total de 400.000€ para 10 empresas beneficiarias: http://cloudsme.eu/opencall
Fortissimo
Fortissimo é un proxecto colaborativo que permite ás PEMES europeas ser máis competitivas a nivel global a través do uso de servizos de simulación que se executan nunha infraestrutura na nube de computación de altas prestacións (High Performance Computing – HPC). O proxecto está coordinado pola Universidade de Edimburgo e involucra a 45 socios incluíndo a empresas manufactureras, expertos na materia, desarrolladores de aplicacións, provedores de solucións informáticas e provedores de servizos HPC na nube de 14 países. Atópase aberta unha convocatoria até o 18 de xuño cun orzamento total de 2.000.000€ para as empresas beneficiarias: http://www.fortissimo-project.eu/calls/open-call.html
CloudPYME
CloudPYME é unha infraestrutura de supercomputación dirixida a PEMES, que ofrece servizos de computación para cómputo científico-técnico. A súa utilización por parte das PEMES contribúe a mellorar o deseño dos seus produtos e procesos, incrementando así a súa competitividade.
I4MS
O obxectivo desta iniciativa é ampliar e acelerar a adopción do TIC para modernizar a capacidade de manufacturación de Europa. Axuda ao cruzar o abismo no proceso de adopción da tecnoloxía: Para os usuarios de TIC, o obxectivo é reducir o risco de ser un usuario pioneiro de tecnoloxía avanzada obtendo unha vantaxe competitiva; para os provedores, o obxectivo é axudarlles a abrir novos mercados con solucións innovadoras e afianzar ou ampliar a súa base de clientes.
Cloudflow
Cloudflow ten a ambición de prover unha infraestrutura de computación na nube baseada en tecnoloxías e estándares xa existentes que permitan a PEMES vendedoras de software ofrecer aos seus clientes novos servizos de computación na nube e ao longo da cadea de fabricación. Cloudflow inclúe deseño e fabricación asistidos por computador (CAD/CAM) e enxeñaría asistida por computador (CAE). Concretamente, mecánica de fluídos computacional (CFD) incluíndo pre e postprocesamiento, simulación de sistemas mecatrónicos (Functional Dixital Mock-Up – FDMU) e xestión do ciclo de produto (PLM) incluíndo o almacenamento de datos.