Invitación a participar en Innovación Aberta

 12 Xuño, 2015
logo_cloudpyme
A innovación é unha inversión imprescindible para as PEME que busca xerar novos productos ou procesos que a fagan máis competitiva.
Frecuentemente, a innovación require a comunicación e colaboración con outras empresas e institucións que permitan crear mellores productos ou procesos ou explotar en áreas diferentes os productos deselvolvidos, complementando as súas capacidades e tecnoloxías.
Isto pódese considerar como un proceso de Innovación Aberta.

INVITACIÓN:

Para facilitar a identificación de puntos de encontro entre PEME, os socios do proxecto CloudPYME (AIMEN, AIMMAP, CATIM y CESGA) convídanlle a rexistrarse no seu novo servizo de Innovación Aberta en https://oi.cloudpyme.cesga.es/ Iste servizo, deseñado en función das necesidades identificadas gracias á colaboración desinteresada de múltiples empresas, permite ás  PEME da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal buscar tecnoloxías das que non dispoñen, ter un punto de encontro, ofrecer productos para a súa explotación noutros ámbitos, etc. Que funcione depende da vosa actitude aberta á colaboración, tanto para buscar solucións como para propoñelas a casos específicos. E sempre tendo a certeza de que a empresa ou institución que responde está correctamente identificada.

MODELO:

A Innovación Aberta é un modelo de innovación que rompe co tradicional empregando ideas externas e internas de forma intencionada. Baséase na colaboración entre socios e axuda a superar as barreiras á innovación pola limitación de medios das PEME.

+Info

REXISTRO

O sinxelo proceso de rexistro na plataforma de Open Innovation do proxecto CloudPYME é o seguinte:

  • Primeiro paso: solicitude de conta
    1. Créase a entidade (empresa, institución, …)
    2. Créase o usuario cun nome e un contrasinal
  • Segundo paso: verificación dos datos por parte de socio do proxecto CloudPYME.
  • Terceiro paso: activación do usuario e envío de correo ao usuario avisándolle da activación
Logotipo CATIM
Logotipo CESGA
Logotipo AIMMAP
aimen
Logo Poctep
Logotipo FEDER

Máis información:

Se ten calquera dúbida pode contactar connosco na dirección info@cloudpyme.eu. O proyecto CloudPYME é unha colaboración entre o CESGA, AIMEN, CATIM e AIMMAP cofinanciado con fondos FEDER a través da terceira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España – Portugal 2007-2013 POCTEP (0682_CLOUDPYME2_1_E).