Xornada de traballo: CLOUD PARA EMPRESAS INNOVADORAS

 30 Setembro, 2015
CloudPYME

Organiza: Proxecto CloudPYME II (CESGA, AIMEN, CATIM, AIMMAP).

Colaboran: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG). Centro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC)

Obxectivos:

Poñer en común necesidades e requisitos das PEME que innovan sobre plataformas de cómputo co obxecto de deseñar mellores infraestruturas de apoio á innovación que contribúan á competitividade dos axentes da nosa contorna.

Establecer conxuntamente os principios de deseño óptimos para o desenvolvemento dunha plataforma de cómputo, lanzadeira de propostas de emprendimento que requiran destas infraestruturas.

Difundir os usos, aplicacións e necesidades de cómputo avanzado en contornas empresariais na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.

Dirixido a:

Empresariado, responsábeis de innovación en empresas, manufactureras e inxenierías, spin offs, star ups, grupos de investigación, técnicos de proxectos de I+D+i, xestores de innovación en administracións e entes intermedios, OTRIS, clusters, centros e plataformas tecnolóxicas.

Data: xoves 15 de outubro de 2015

Horario: de 10:00 a 15:00

Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo
15702 – Santiago de Compostela
A Coruña
Coordenadas GPS: W 8º 33\’ 16,35\’\’ N 42º 51\’ 47,21\’\’

Descargar Axenda (es)

Logotipo AIMEN
Logotipo CESGA
Logo Poctep
AIMMAP
FEDER
Logotipo CATIM

Máis información:

Se ten calquera dúbida pode contactar connosco na dirección info@cloudpyme.eu. O proxecto CloudPYME é unha colaboración entre o CESGA, AIMEN, CATIM e AIMMAP cofinanciado con fondos FEDER a través da terceira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España – Portugal 2007-2013 POCTEP (0682_CLOUDPYME2_1_E).