Necesidades de PYMES que innovan utilizando HPC en Cloud

 12 Novembro, 2015

O pasado día 15 de outubro de 2015 celebrouse a Xornada de traballo CLOUD PARA EMPRESAS INNOVADORAS.

Como parte desta xornada, as empresas realizaron un traballo participativo de identificación de barreiras e necesidades que experimentan as empresas que utilizan recursos computacionais en distintas fases do seu crecemento, e de elaboración de propostas e medidas destinadas a superar barreiras, satisfacer necesidade e apoiar ás empresas que innovan en Cloud.

O documento que aquí presentamos recolle as conclusións da sesión de traballo.