Open Innovation (Innovación Aberta) vén a contrapor o modelo que imperou durante case todo o século XX, no que as empresas mantiñan unha actitude pechada no que se refire a Investigación e Desenvolvemento, non existindo fluxo de información entre empresas, clientes e outros.

Open Innovation apunta un camiño que se adapta mellor ao século XXI,  onde a globalización e a competitividade imperan.

As empresas pasan a colaborar en rede con distintos axentes (investigadores, empresas, institucións, clientes, fornecedores), poidendo usar e comercializar as súas propias tecnoloxías e innovacións, pero tamén licenciar a súa tecnoloxía a terceiros ou incluso capitalizar innovacións xeradas externamente.

Así, é posible aproveitar I+D de terceiros e redireccionar os recursos internos para a selección e implementación dos conceptos.

Construir un modelo de negocio axeitado tórnase máis importante que chegar primeiro ao mercado, o que importa é dar un uso eficiente ás ideas internas e externas.

Open Innovation defínese como un fluxo de coñecemento entre os límites internos e externos das organizacións para acelerar os procesos de innovación das empresas. A Open Innovation (OI) é, neste sentido, unha estratexia na  que a empresa comparte coñecemento co seu ambiente externo buscando adquirir invencións que podan ser transformadas en innovacións. Ésta propón que os resultados sexan alcanzados en actividades como a prospección, análise e exposición de oportunidades de innovación, empregando tanto ideas externas como ideas internas e camiños internos e externos para alcanzar o mercado.

Beneficios para os proveedores de innovación:

  • Ao enviar propuestas de solucións para responder ás solicitudes de innovación poderá rentabilizar-lo seu potencial.
  • Demostre o seu potencial como proveedor experto e atope novos socios.
  • Posibilidade de integrarse nunha rede de expertos e empresas.

Benefícios para os solicitantes de innovación:

  • Dispoñibilidade de obter solucións de especialistas de diversos lugares.
  • Acceso a unha rede internacional de proveedores de solucións en investigación, desenvolvemento e industria, de forma rápida, sinxela e económica.
  • Ao publicar as súas necesidades de innovación na plataforma OI/CloudPyme, pode acceder a un gran número de proveedores de novas ideas.
  • Somos un grupo de entidades tecnolóxicas de Galicia/Norte de Portugal con contactos con diferentes PEME e ofrecemos contactos entre socios.

oi_diagrama

Open Innovation

Cómo pode beneficiar Open Innovation á súa empresa

Infórmese na sección F.A.Q.