Aberta convocatoria a PEME para solicitar servizos de consultoría sobre computación de altas prestacións.
Moitas pequenas e medianas empresas poden impulsar os seus procesos produtivos coa computación de altas prestacións, pero non son conscientes desta posibilidade ou descoñecen as iniciativas que desenvovlen as institucións para impulsar o uso da computación científico-técnica no ámbito empresarial.
No marco del proxecto CloudPYME, o CESGA ofrece servizos de consultoría a PEME de Galicia e Norte de Portugal para levar a cabo un análise das posibilidades de utilización de tecnoloxías relacionadas coa Computación de Altas Prestacións que poden axudarlles na mellora ou deseño dos procesos, productos ou servizos, incrementando así a súa competitividade internacional.
En qué consiste o asesoramento
O análise das posibilidades de utilización de HPC pódese levar a cabo en dous escenarios:
- Empresas que xa utilicen cálculo científico-técnico ou análise masivo de datos nos seus procesos, productos ou servizos. Neste caso, analizaranse outras posibilidades de uso dos recursos computacionais internos ou externos para mellorar a súa utilización actual.
- Empresas que non estean usando estos recursos. Analizaranse as posibilidades de uso da computación ou do análise masivo de datos na empresa, se existen.
Bases da convocatoria
Bases Convocatoria Consultoría: Descrición de requisitos e procedementos polos que se rixe a convocatoria de consultoría.
Que tipo de PEME pode participar
O programa está aberto a calquera empresa PYME con sede social, ou centro de traballo na zona transfronteriza Galicia-Norte de Portugal, en concreto:
Galicia:
- Ámbito básico: Pontevedra e Ourense.
- Adxacentes: A Coruña e Lugo.
Norte de Portugal:
- Ámbito básico: Minho Lima, Cávado e Alto Trás os Montes.
- Adxacentes: Grande Porto e Ave e Tâmega.
Ademáis, as empresas han ter a calificación de Pequenas e Medianas Empresas según a definición da Unión Europea recollida na Commission Recommendation 2003/361/ECi ou ser traballadores autónomos.
Terán preferencia aquelas empresas que non tenñan experiencia previa na utilización de aplicaciónss de cálculo técnico ou de análise masivo de datos.
Como solicitar este servizo de consultoría
– Nsta convocatoria o CESGA seleccionará 10 empresas.
– O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 18 de xullo de 2014.
– As empresas interesadas en recibir este asesoramento, poderán solicitalo cumplimentando o formulario que figura nesta páxina.