1. Industrias Abalde
Empresa dedicada á fabricación de estructuras lixeiras metálicas, compoñentes de sistemas de avaliación, corte e plegado de chapa, para, entre outros, o sector naval, da construcción, alimentario ou de tratamento de residuos.
- PROXECTO: Análise mecánico para obter os esforzos e deformación de viga de izado.
- OBXECTIVO: Determinar puntos de izado.
Industrias Abalde, co apoio dos medio de supercomputación prestados polo CESGA, aplicou as tecnoloxías de CloudPYME para obter a carga máxima tolerada e os puntos de izado adecuados na elevación de vigas de gran envergadura de manufacturación propia.
Mediante o uso do paquete de software SALOME e Code_Aster incluídos en CloudPYME, obtivéronse resultados que previron a deformación da estrutura de 1000 kg en caso de elevación cun só punto central de izado, mentres que aseguraban a adecuación do proceso para unha viga de 500 kgs.

2. Industrias Ferri
Empresa especializada no deseño e fabricación de equipos, sistemas e maquinaria marítima para os sectores mecánico e industrial que tamén leva a cabo actividades de asistencia técnica e mantemento en equipos especiais de manexo de cargas.
- PROXECTO: Análise mecánico para obtener os esfuerzos e deformacións dunha pasteca de elevación.
- OBXECTIVO: Identificar zonas críticas da zona de anclaxe do grillete baixo as cargas e condicións supostas.
No proxecto piloto levado a cabo xunto ao CESGA, Industrias Ferri comprobou os efectos de tensión-deformación aos que se ve sometido durante a operación para a que foi concibido un dos seus produtos estándar; unha polea empregada na elevación de grandes cargas.
A simulación da proba de idoneidade demostrou ser rápida e efectiva grazas aos recursos de supercomputación que ofrece CloudPYME. Ademais, o uso de tecnoloxía cloud librou aos equipos informáticos de Industrias Ferri de realizar unha serie de operacións de alto custo computacional, permitíndolles quedar dispoñibles para outras tarefas.

3. Grupo Esypro
Grupo empresarial especializado no desenvolvemento e aplicación de sistemas de transporte e almacenaxe modulares e recon?gurables. Con máis de 25 anos de experiencia no sector, Esypro destaca entre os seus valores a continua aposta pola I+D+i como estratexia de futuro.
- PROXECTO: Análise mecánico para obtener os esfuerzos e deformacións dun soporte para tirante.
- OBXECTIVO: Seleccionar o material (calidade de aceiro).
A empresa elaborou un estudo que consistiu en realizar unha análise virtual dos esforzos e deformacións sufridas por un soporte para un tirante de aceiro. Grazas a esta simulación, identificáronse as zonas críticas da peza baixo diferentes cargas e condicións. A partir dos resultados obtidos, o equipo de Esypro puido tomar decisións respecto do deseño e materiais do soporte, xa que a simulación mostrou que os parámetros da peza orixinal eran insuficientes para cumprir con éxito a tarefa á que estaba destinado.
Desde Esypro, os responsables do proxecto estimaron que “o lanzamento da simulación en remoto que ofrece CloudPYME resulta moi útil para casos complexos onde se requiren moitas horas de cálculo“.
4. Ronáutica
Empresa fundada en 1987 cuxas actividades cobren un amplo abanico que abarca desde o deseño, fabricación e instalación de portos deportivos, portos pesqueiros e estruturas flotantes até a construción de iates e a xestión de servizos relativos a estes.
- PROXECTO: Análise mecánico para obter os esfuerzos e deformacións dunha orexeta de fondeo.
- OBXECTIVO: Determinar espesores de chapa necesarias.
A empresa utilizou as ferramentas de cálculo postas á súa disposición por CloudPYME de face a testar a resistencia dunha peza de sujeción que debe soportar unha tensión de 10.000 N. utilizada nas instalacións subacuáticas de pantaláns.
Para pór a proba os beneficios que achega a supercomputación e a informática na nube, a análise de elementos finitos da peza realizárono en paralelo nos seus computadores e nos do CESGA. Foi aí onde experimentaron as comodidades e vantaxes que ofrece o uso de CLoudPYME: a liberación dos equipos de traballo persoais de computar pesadas operacións de cálculo e a maior velocidade na execución destes.

5. Texas Controls
Empresa radicada na Coruña e líder no deseño e fabricación de equipamento tecnolóxico nas áreas de mecánica con ampla experiencia en equipos de aperte e selado, auxiliares e de alta presión, á vez que no campo da tecnoloxía do hidróxeno e a prospección eólica.
- PROXECTO: Avliación de comportamiento a presión dunha unión embridada.
- OBXECTIVO: Aumentar o coñecementpo para proposta de solucións ante problemas de fugas en proceso.
Os programas de procesado e simulación numérica Code_Aster e SALOME incorporados en CloudPYME permitiron realizar o estudo mecánico para obter os esforzos e deformacións dunha unión entre dúas bridas e unha xunta. A análise identificou a forza de presión crítica para a correcta unión entre as pezas.
O director de operacións de Texas Controls, Germán Rodríguez, afirmou que «para nós é moi importante poder utilizar ferramentas moi potentes de cálculo e ter acceso con elas ao soporte técnico de AIMEN e de CESGA. […] “A actitude de continuo desenvolvemento e melloras dos produtos e servizos, unida a unha atención especial ás necesidades dos mercados locais, asegura o liderado da empresa no futuro“.

6. TUFAMA
Empresa presente na industria metalmecánica e petroquímica centrada na produción de estruturas metálicas, maquinaria, mantemento e tubaxes de aceiro inoxidable.
- PROXECTO: Análise mecánico para obter os esforzos e deformacións dunha pasarela metálica de transporte de residuos.
- OBXECTIVO: Optimizar as cargas ás que se poden expoñer.
Grazas ás prestacións dirixidas á modelación e simulación que contén CloudPYME, a empresa portuguesa puido calcular os esforzos e deformacións aos que se expón unha pasarela metálica para o transporte de residuos segundo os pesos das cargas que soporte.
Este proxecto supuxo unha toma de contacto coa tecnoloxía de análise de elemento finitos para TUFAMA. Coa axuda dos tutoriales das aplicacións das máquinas virtuais que CloudPYME pon a disposición dos seus clientes, os responsables do proxecto adquiriron as competencias necesarias para o bo desenvolvemento dos obxectivos iniciais.

7. Vale e Quintão
Dedicada ao deseño, mantemento e produción de estruturas metálicas para aplicacións domésticas e industriais.
- PROXECTO: Avaliación de comportamento a presión dunha viga de suxeción dunha máquina de elaboración de produtos alimenticios.
- OBXECTIVO: Determinar presións e pesos que pode soportar.
O estudo analítico para o que esta empresa utilizou CloudPYME consistiu en examinar a presión e o peso que poden soportar as vigas de sujeción dunha das súas máquinas empregadas na elaboración de produtos alimenticios.
Tras estipular as tensións e deformacións ás que ven sometidos os traveseiros, o equipo de Vale e Quintão concluíu que “o paquete de software que ofrece CloudPYME é útil e de fácil aplicación para casos como o noso“.

8. INCOMEF
Empresa cuxa misión é proxectar, fabricar e instalar equipamentos para a elevación e movementos de cargas (montacargas, mesas tesoira, plataformas, prensas, viradores).
- PROXECTO: Avaliación deresistencia do ensamblaxe entre unha plataforma hidráulica elevadora e un montacargas.
- OBXECTIVO: Determinar as concentracións de tensión na estructura.
O proxecto tivo como meta achar a resistencia do ensamblaje entre unha plataforma elevadora hidráulica para transportar obxectos verticalmente e un montacargas. Mediante a definición de “grupos” en SALOME, encargados de designar os diferentes compoñentes físicos do deseño, o post procesamiento mostrou as concentracións de tensión que afectan á estrutura e a maneira en que esta se disipa, dependendo da presenza dun prato reforzado sobre a estrutura elevadora ideado co fin de repartir mellor os esforzos.
9. Marques e Cruz
Empresa portuguesa que leva máis de 30 anos fabricando gran variedade de máquinas industriais para un amplo abanico de sectores (madeireiro, téxtil, metalmecánico…) e de compoñentes e automatismos, así como dedicándose á restauración e reconstrución destes equipos.
- PROXECTO: Análise mecánico para obter os esforzos e deforomacións dun vástago metálico que une a polea e a roda amolar dunha afiadora de limas.
- OBXECTIVO: Determinar os límites de deformación do eixo.
Cunha simulación de elementos finitos estática executada tras realizar o mallado de todos os elementos co paquete SALOME que alberga CloudPYME, puidéronse determinar os límites de deformación do eixo tendo en conta tanto as forzas que exercen as correas sobre a polea como as das limas sobre a pedra de afiar.

10. Carpinteria Domingos Fernandez Ralha e Herdeiros
Taller de carpintaría que realiza diversos tipos de traballos de pequena e mediana escala (estruturas, mobiliario, etc).
- PROXECTO: Análise mecánico para obter os esforzos e deformacións dunha liteira de dúas alturas.
- OBXECTIVO: Determinar a adecuación do material (madeira) con respecto ao peso soportado.
Os técnicos de Carpintería Domingos modelizaron o deseño dunha liteira de dúas alturas de produción propia a fin de poder dar coas tensións e deformacións que sufriría a madeira ao soportar o peso dunha persoa na zona inferior, superior e os banzos para acceder a esta última. Os resultados obtidos garantiron a robustez e adecuación da estrutura á súa función.
O uso das ferramentas de cálculo ofrecidas por CloudPYME supuxo un dos primeiros achegamentos por parte do equipo de Carpintaría Domingos ás tecnoloxías de alta computación. A pesar diso, os tutoriales e o ambiente user friendly favoreceu o desenvolvemento do proxecto piloto e redundou na intención do cliente de volver utilizar o paquete de servizos.

11. Weproductise
Empresa dedicada a desenvolver ideas e proxectos innovadores no ámbito do eco-deseño de mobles e interiores. Con vocación internacional, Weproductise posúe un equipo de deseñadores, enxeñeiros e técnicos de mercadotecnia envorcados na creación de produtos do ámbito doméstico para a que contan cun vasto equipamento (impresoras 3D, robots, fresadora CNC, corte por láser e termoformación…).
- PROXECTO: Determinar a solidez dunha una cadeora plegable xa comercializada.
- OBXECTIVO: Detectar posibles melloras no deseño da xunta do prato co soporte.
Weproductise quixo testar a solidez e resistencia dun modelo xa producido e comercializado de cadeiras de deseño plegables. A pesar diso, na análise detectouse que as tensións na xunta do prato co seu soporte poden ser bastante altas, levando isto aos responsables do proxecto a anotar como melloras para o futuro do modelo uniformar a zona de contacto para que se distribúan máis solidariamente as tensións.
Este caso representa un exemplo práctico de cómo as tecnoloxías de cálculo e a informática na nube poden axudar tanto á creación e innovación como á mellora dos procesos involucrados en múltiples rama da produción industrial.

12. Prova Engineering
Prova Engineering encárgase do deseño, manufacturación e montaxe de máquinas e equipamento feito a medida para todos os sectores da industria.
- PROXECTO: Análise mecánico do soporte dunha prensa hidráulica.
- OBXECTIVO: Determinar o comportamento a presión.
O estudo centrouse na análise do soporte dunha prensa hidráulica utilizada para cortar caños metálicos, compoñente dunha das máquinas que produce a empresa. Tras a detección dos puntos fundamentais e o mallado da peza con SALOME, realizáronse os cálculos de presións sobre a estrutura facendo uso de ASTK albergado en CloudPYME.
Este proxecto piloto permitiu ao equipo responsable concluír que a estrutura estudada pode estar levemente sobredimensionada para o intervalo de presións que soporta, suxerindo que a xeometría da peza debe ser remodelada na zona de concentración de tensións de acordo aos resultados obtidos.
