Preguntas frecuentes sobre HPC
Preguntas frecuentes
Nesta sección atopará as respostas ás preguntas máis frecuentes. Se ten algunha outra dúbida, consúltenos a través da sección de contacto.
A participación no proxecto está aberta á comunidade de empresas PEMEs localizadas en Galiza e no norte de Portugal (Minho Lima, Cávado, Alto Trás os Montes, Grande Porto, Ave y Tâmega).
Pretendemos traballar cos usuarios finais da industria en diferentes sectores, que se dediquen á manufactura, o renderizado, a análise financeira, ou calquera outro tipo de actividade que poida beneficiarse da computación de altas prestacións (HPC).
Por favor, complete o formulario de solicitude para participar.
O interese suscitado pola tecnoloxía cloud nos últimos anos e a súa constante evolución non permite dar unha descrición única e sinxela da mesma. Este concepto tamén é coñecido t baixo os termos: servizos na nube, informática na nube, nube de cómputo ou nube de conceptos. É unha paradigma que permite ofrecer servizos de computación a través de Internet.
A computación de altas prestacións (HPC) é o uso de servidores, clústeres e supercomputadores – máis o software, ferramentas, componentes, almacenamento e servizos – para a realización de tarefas científicas, de inxeniería ou analíticas que son particularmente intensivas na computación, uso de memoria ou manexo de datos.
- Modelado e simulación avanzados, eliminando a necesidade de crear modelos físicos.
- Realización de cálculos complexos.
- Renderizado en alta definición de gráficos en 3D.
- Realización de cálculos complexos.
- Renderizado en alta definición de gráficos en 3D.
- A fase de deseño de productos é máis eficiente.
- Increméntase a capacidade de análise dos datos da empresa.
- Mellóranse as capacidades da empresa en I+D+i.
- Increméntase a capacidade de análise dos datos da empresa.
- Mellóranse as capacidades da empresa en I+D+i.
- Redúcense o tempo, o esforzo e os custos necesarios para lanzar os productos no mercado.
- Elimínase a necesidade de cerar modelos físicos dos deseños na fase de proba e perfeccionamento.
- Increméntase a flexibilidade, ao poder repetir as probas de deseño con diferentes parámetros.
- Elimínase a necesidade de cerar modelos físicos dos deseños na fase de proba e perfeccionamento.
- Increméntase a flexibilidade, ao poder repetir as probas de deseño con diferentes parámetros.
Unha vez que recibamos o formulario coa súa solicitude para probar a demo CloudPYME, farémoslle chegar as instruccións e datos para acceder á plataforma vía web.
Pode utilizala gratuitamente con un límite de 100 horas de cálculo.
A infraestrutura tecnolóxica instalada no CESGA, pon á súa disposición as medidas razoables para garantir a seguridade e confidencialidade das comunicacións e transaccións de datos que teñan lugar entre a súa empresa e a plataforma de CloudPYME.
En canto á privacidade dos seus datos, o CESGA, cumpre coa lei de protección de datos, asegurándolle que os seus datos persoais serán tratados exclusivamente para o mantemento de relacións profesionais e/ou comerciais de interese común.
En canto á privacidade dos seus datos, o CESGA, cumpre coa lei de protección de datos, asegurándolle que os seus datos persoais serán tratados exclusivamente para o mantemento de relacións profesionais e/ou comerciais de interese común.
Preguntas frecuentes sobre OI
De xeito sucinto, consiste en que as empresas aproveiten non só os recursos internos para a procura e desenvolvemento de novas tecnoloxías/negocios, senon tamén colaborar con entidades externas en ambos os sentidos, é dicir, buscando solucións para os seus problemas, pero tamén contribuíndo para terceiros, cedendo por exemplo solucións internas que non estén sendo rentabilizadas axeitadamente.
O proxecto pretende integrar ás PEMES localizadas no Norte de Portugal e Galicia. Para participar só necesita porse en contacto connosco través da sección de contacto.
Ademáis dos beneficios de integrar unha rede de compañeiros (ver F.A.Q.: Qué é Open Innovation?), a participación no proxecto promove un maior coñecemento do concepto, así como o contacto con proxectos e técnicas de I+D. No ámbito do proxecto CloudPYME, coexisten tamén outros proxectos con vantaxes competitivas, por exemplo a nivel de HPC e Cloud Computing, recurrindo a software opensource.
Serán as propias empresas quenes decidirán con qué entidades poderán colaborar no ámbito do proceso de innovación no que transcurrirá o proxecto.
Sí. As empresas decidirán qué nivel de acceso desexan compartir neste modelo.
Preguntas frecuentes sobre PLM
O demostrador está aberto á comunidade de empresas PEME manufactureras. Por favor encha o formulario de inscripción para participar. Pretendemos traballar cos usuarios finais da industria.
O PLM é unha serie de capacidades que permiten a unha empresa administrar e innovar efectivamente os seus productos e os servizos relacionados con eles, ao longo do seu ciclo de vida. A solución non é única e inequívoca, senon que debe adaptarse ás necesidades concretas de cada institución, pero debe involucrar e administrar a todos os actores principais do proceso, con nivel de seguridade crítico e con funcionalidades adaptadas para asegurar a disminución do tempo de lanzamento de novos productos e a dismiinución do coste asociado á reutilización de datos e coñecemento adquirido.