A simulación numérica é unha ferramenta fundamental para a competitividade das empresas, facilitando a xeración de novos produtos robustos e con gran calidade, e reducindo os custos do seu desenvolvemento. Habitualmente, a empresa que xa utiliza a simulación, emprega a súa propia infraestrutura informática, bloqueando a mesma para outras tarefas necesarias ou limitando o número de ensaios.
A Plataforma CloudPYME elimina estes inconvintes, abrindo tamén a posibilidade de utilizar simulación numérica a aquelas empresas que aínda non a utilizan nos seus procesos de innovación, incrementando así a súa competitividade.
Demostrador virtual de HPC para PEME. (Enlace)