Proceso de xestión do ciclo de vida completo dun producto, dende a súa concepción ata o final da súa vida útil, pasando polo deseño, a fabricación, o transporte e posta en servizo. O PLM consiste na xestión a través de solucións integradas software, integrando á xente, os datos, os procesos e os sistemas de negocio, de forma global.
PLM, acrónimo de Product Lifecycle Management (Xestión do Ciclo de Vida d Producto) é unha estratexia empresarial que aplica un conxunto de solucións informáticas para crear a definición do producto de forma colaborativa, para a súa mellor xestión e óptima diseminación na empresa, dende o concepto inicial ata o final da vida do producto, integrando ás persoas, os procesos, os sistemas e a información.
Por extensión, denomínase PLM ao software que permite implementar esta estratexia.