Ferramenta de xestión do ciclo de vida de productos (PLM)

 8 Outubro, 2015

A disposición das PEME ferramentas para xestionar o ciclo de vida dos seus productos

A xestión dos productos dende a súa concepción ata a súa fabricación, pasando polo deseño, require cada vez máis de solucións que permitan xestionar e compartir a inxente cantidade de información que xera o proceso. Por elo, as solucións software de xestión do ciclo de vida do producto (PLM, do inglés Product Lifecycle Management) convertíronse en ferramentas indispensables para as empresas innovadoras.

Habitualmente istas solucións só estiveron dispoñibles para as grandes empresas, non resultando, na maioría dos casos, asequibles para as PEME debido ao seu custo ou complexidade. O proxecto CloudPYME permite agora probar istas solucións baseadas en software libre sen necesidade de complexas instalacións locais. Para elo, o CESGA pon a disposición das PEME da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal un servicio en Cloud que permite a avaliación da ferramenta sen custo algún para as PEME.

Ademáis, o proxecto conxunto realizado polo CESGA en colaboración con AIMEN, CATIM e AIMMAP analizou outros software PLM existentes no mercado baseados en software libre, que poden utilizarse tamén internamente, sen necesidade de recurrir a un servicio en Cloud. Próximamente, dará a coñecer os estudos e recomendacións para a implantación destas solucións na PEME, que se publicarán na web do proxecto: www.cloudpyme.eu

A plataforma PLM-Cloud para avaliación pola PEME accédese fácilmente a través dunha interface web na url http://plm.cloudpyme.eu. Iste servicio permite a xestión da documentación dun producto dende a definición dos requisitos ata a lista de materiais, soportando a inclusión de diversos modelos 3D en formatos IGES, STEP, STL, etc. Unha característica importante do software seleccionado é que permite a colaboración en líña entre diferentes departamentos ou especialistas.

  • As PEME da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal poderán utilizalas sen custo.

  • CESGA, AIMEN, CATIM e AIMMAP colaboran para o beneficio do tecido empresarial.

  • As ferramentas PLM propietarias soen resultar excesivamente custosas para as PEME.

docdokuplm_np
Logotipo AIMEN
Logotipo CESGA
Logotipo POCTEP
Logotipo AIMMAP
Logo UE FEDER
Logotipo CATIM

Más información:

Si tiene cualquier duda puede contactar con nosotros en la dirección info@cloudpyme.eu.

El proyecto CloudPYME es una colaboración entre el CESGA, AIMEN, CATIM y AIMMAP cofinanciado con fondos FEDER a través de la tercera convocatoria del Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España – Portugal 2007-2013 POCTEP (0682_CLOUDPYME2_1_E).