Presentación CloudPyME no Centro Demostrador TIC (CDTIC)

 31 Marzo, 2015

Cloud ao servizo das Pemes

A infraestrutura para cómputo científico e técnico desenvolvida baixo o Proxecto CloudPYME achégalles vantaxes competitivas ás empresas. A súa utilización acelera e reduce os custos de deseño e innovación en produtos manufacturados por pequenas e medianas empresas. Entre as súas vantaxes atópanse unha redución do tempo, do esforzo e dos custos necesarios para lanzar produtos ao mercado, á vez que se melloran as capacidades en I+D+i.

 

Entre os usos de HPC (computación de altas prestacións) atópanse o modelado e a simulación avanzados, a realización de cálculos complexos e o renderizado en alta definición de gráficos en 3D. Estes usos danlles ás empresas unha vantaxe competitiva a través do deseño eficiente de produtos, unha maior capacidade de análise de datos e mellores procesos de fabricación.

Parte 1/7: CESGA

Parte 2/7: Servizos

Parte 3/7: Proyecto CloudPyME

Parte 4/7: Demo Portal CloudPyME

Parte 5/7: Open Innovation

Parte 6/7: Product Lifecycle Management (PLM)

Parte 7/7: Clausura

Logotipo CESGA

Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA)

É o centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servizos avanzados da Comunidade Científica Galega, do Sistema Académico Universitario e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Nace do compromiso da Xunta de Galicia de promover servizos comúns de apoio ás tarefas de investigación, e por outra parte, do interese do Consello Superior de Investigacións Científicas de promover en Galicia un contorno de traballo na área do cálculo intensivo, comunicacións e servizos avanzados na sociedade da información e o coñecemento.

  • 10:00 – 10:15 Presentación do taller
  • 10:15 – 10:45 Presentación do CESGA e dos servizos para empresa
  • 10:45 – 11:30 Descrición do servizo Cloudpyme
  • 11:30 – 11:45 Pausa
  • 11:45 – 12:45 Demostración de Cloudpyme
    • Servizo de computación en cloud
    • Servizo de almacenamento para empresas
    • Servizo de soporte
    • Futuros servizos: PLM e OIs
  • 12:45 – 13:30 Coloquio e entrevistas persoais
Destinatarios:
Pemes, enxeñeiros e autónomos de calquera sector que necesiten solucións computacionais
Data:                                    Hora:

17 de abril de 2015           De 10:00h a 13:30h

Sala:
Sala de Demostración
Tipo de actividade:
Sesións demostradoras individuais
Temática:
Tendencias tecnolóxicas
Programa:
Descrición:
Retransmisión por Streaming: Sí