AIMEN

Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste AIMEN
Páxina Web
Logotipo AIMEN

Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste AIMEN

Centro Tecnolóxico AIMEN é unha asociación privada sen ánimo de lucro que proporciona servizos de Investigación e Desenvolvemento en áreas tales como soldadura, materiais e procesos de fabricación e ensaios non destrutivos (NDT). AIMEN está dedicada a mellorar os procesos de fabricación na industria e aumentar a súa capacidade competitiva . O Centro Tecnolóxico AIMEN participa en numerosos proxectos de I+D+i a nivel rexional, nacional e internacional, na maior parte dos casos en colaboración con Pemes e grandes empresas que poden agruparse nas seguintes liñas de investigación: Tecnoloxías de Unión, Tecnoloxías Láser, Materiais e Procesos de Fabricación, Deseño e Simulación e Ensaios non Destrutivos.

A área de Deseño, Simulación e Automática conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento de Servizos Tecnolóxicos e Proxectos de I+D+i, dentro do campo do deseño mecánico e a simulación, mediante o emprego de ferramentas CAD/CAE

Ademais AIMEN posúe unha ampla experiencia na transferencia tecnolóxica dos resultados de investigación orientada a procesos de deseño e procesos produtivos.