CESGA

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galiza.
Páxina Web
Logotipo CESGA

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galiza. CESGA.

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é o centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servizos avanzados da Comunidade Científica Galega, sistema académico universitario e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Fundación CESGA). Inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego có nº 2002/12, C.I.F., G-15852981.

A Fundación CESGA é unha institución sin ánimo de lucro cuxos patronos pertencen á Xunta de Galicia e ao CSIC.

Misión e Funcións

Realizar investigación en ciencia computacional. Fomentar, difundir, prestar servizos de cálculo intensivo e comunicacións ás comunidades investigadoras galegas e do CSIC, así como, a aquelas empresas ou institucións que o soliciten e deste xeito, contribuír mediante o perfeccionamento tecnolóxico e a innovación, á mellora da competitividade das empresas.

Funcións máis significativas:

  • Proporcionar servizos de cálculo intensivo e comunicacións avanzadas á comunidade de usuarios.
  • Xestionar a “Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia”.
  • Fomentar e Promocionar a cooperación entre empresas e institucións.